Velada homenaxe a José González «Dopico», Ferrol 7 de xuño de 2008

Jun 6, 2008   //   por Jesus   //   Blog, Eventos  //  Sin Comentarios
Cartel Velada Homenaje a José González "Dopico"

Cartel Velada Homenaje a José González "Dopico"

A cidade de Ferrol e o Clube Boxin Narón homenaxean ao púxil ferrolán José González «Dopico» no cabodano do seu pasamento.

O concelleiro de Deportes de Ferrol, Manuel Santiago Pérez, e o director técnico da velada homenaxe, Fran Porto, presentaron hoxe en Ferrol a velada profesional de boxeo e Campionato de España do peso Superwelter, a celebrar o vindeiro 7 de xuño no pavillón da Malata, e a traverso do cal renderáselle unha merecida homenaxe ao púxil ferrolán José González Dopico, falecido o 17 de maio, día das Letras, de 2007, por mor dunha penosa enfermidade.

No acto de presentación estiveron presentes tamén o fillo do homenaxeado, José González, e o recoñecido debuxante Siro López, grande amigo de Dopico, que coñeceu e seguiu perto a traxectoria profesional dun dos mellores púxiles do noso país.Na rolda de prensa, o concelleiro de Deportes destacou que este é «un acto entrañábel e merecido» a un boxeador cun dos mellores palmarés a nivel estatal, e ao que non se lle deu oportunidade de demostrar todo o seu potencial en Europa e a nivel mundial. O Padroado de Deportes do Concello de Ferrol -sinalou Manuel Santiago- súmase aos seguidores de Dopico e aos afeccionados ao boxeo en xeral ao reivindicar para o púxil ferrolán o recoñecemento da súa traxectoria profesional por parte da Federación Española de Boxeo, en cuxa páxina web non figura o brillante palmarés de González Dopico.

Pola súa banda, o fillo do boxeador agradeceu esta sentida homenaxe a seu pai. José González dixo que Dopico tiña unha «espiña crava» por non ter recibido nunca o recoñecemento da súa cidade, polo que -asegurou- de poder estar aquí hoxe «de seguro que estaría moi ledo».O debuxante e gran amigo do púxil, Siro López, dixo del que era un «superdotado» do boxeo, e lembrou as palabras do ex-presidente da Federación Española, Vicente Gil, quen calificara a Dopico como «a mellor zurda de Europa». Siro López lamentou que unha «pillería» estragase o futuro dun dos mellores boxeadores que deu o noso país, e que viuse na obriga -afirmou o debuxante- de vivir un futuro que non estaba preparado para el.
Grandes figuras do boxeo en Ferrol

Organizada polo Concello de Ferrol e a empresa MyF, a velada profesional de boxeo terá lugar o sábado, 7 de xuño de 2008, ás 22.30 horas no pavillón municipal da Malata. O programa do evento inclue a realización de sete combates, catro deles de boxeo profesional, dous entre neoprofesionais, e un de afeccionados.Entre os combates profesionais, inclúese a desputa do Campionato de España no peso Superwelter, entre Iván Sánchez «Dinky», púxil de demostrado carácter gañador e boa preparación ao longo do tempo, e Juan Martínez Bass «el Payo», unha figura con longa e contrastada traxectoria boxística.

Clube Boxin Narón: canteira de boxeadores

A destacar tamén a presenza na cidade departamental dun dos grandes boxeadores a nivel mundial, Diosbelys Hurtado, campeón no peso Welter en varias ocasións.Por outra banda, o Clube Boxin Narón presentará a un dos seus boxeadores, o púxil ferrolán Iago Díaz «Demon», que estrearáse de forma oficial nesta velada, e ao que lle agarda unha proxección prometedora na súa carreira.

Venda de entradas

As localidades para o evento, dispoñíbeis para cadeira (18€ en taquilla, 15€ en compra anticipada) e bancada (13€ e 10€ respectivamente) atópanse á venda nos seguintes establecementos:

  • Spot Surf Shop Ferrol
  • Leder (Ferrol e C.C. Odeón)
  • Café Bar A Zarra (Caranza)
  • Café Bar Grandal (Freixeiro)
  • Ximnasio Sport Five (A Gándara)
  • Ximnasio BeniGym (O Ponto)

Máis información e contacto

Francisco Porto
Director Técnico
Tel. 677 813 900

Deja un comentario